Espectáculos

ESPECTÁCULOS:

MINOTAURUS VULGARIS
     
Sinopse:

Sobre os mitos constrúense as culturas, pero as culturas son dinámicas, mudan. Dende a idea esencial do mito do Minotauro,  xogamos con a descubrir múltiples camiños que nos levan a outras tantas interpretacións posibles, moi acaídas á realidade actual.

Os mitos existen, por que existe aquelo que foi nomeado. E para dar nome ao descoñecido, é imprescindible emprender unha viaxe chea de decisións por tomar. Acompáñasnos?

Necesidades técnicas:

Ancho óptimo: 6 m. (adaptable)

Fondo óptimo: 4 m. (adaptable)

Altura óptima: 6m

A iluminación e o son, levámolos dende escenario. O equipo neste espectáculo, pono a compañía.

Elenco:

Isabel Herrero Díaz

Anxo Manoel Lamelo Fernández

OS LIBROS CONTRAATACAN
Sinopse:

Os libros contraatacan é unha comedi con moito conto para público familiar.

Na biblioteca da Academia Jedi, un estudante queda castigado e rodeado de libros. O que alí faga, marcará o seu destino para sempre. Fará o ben ou pasará ao lado escuro?

Necesidades técnicas:

Ancho óptimo: 5 m. (adaptable)

Fondo óptimo: 3 m. (adaptable)

Altura óptima: 3 m.

Iluminación: 8 PC`s de 1000W, 2 recortes de 700W.

50 minutos.
Elenco:

Anxo Manoel Lamelo Fernández

LOGOS
Sinopse:

Logos é un xogo cómico de revisión posmoderna do mito de Prometeo ambientada nun futuro distópico. Nomi, unha activista comprometida, xunto con Clin, dúas das pezas máis baixas da engrenaxe do sistema, loitan por sobrevivir e mudar as cousas sen demasiado éxito. Promo, criado e educado para herdar as rendas do poder, sufrirá un xiro de 360º na súa vida ao coñecer a Nomi e Clin e descubrir o saldo de mentiras, horror e violencia que impregnan o seu mundo. Eles tres, armados de conviccións, tratarán de cambiar as cousas. Un camiño, unha procura da utopía, chea de humor por mor das súas contradicións, as diferencias de enfoque e as distintas motivacións que estes tres personaxes teñen para a loita.

Logos é unha comedia, unha parodia que xoga cos referentes do xénero para levar ao espectador a un mundo inventado, absurdo e real como a vida mesma.

Necesidades técnicas:

Ancho óptimo: 6 m. (adaptable).

Fondo óptimo: 4 m. (adaptable).

De actuar en espazos onde non dispuxesen de equipamento técnico, aportariamolo dende a compañía, co seu respectivo coste engadido. Non en tanto, onde dispuxesen del precisamos:

  • 4 recortes de 700/1000 W.
  • 10 PC´s 1000 W.
  • Proxector
  • Equipo de son.
Elenco:

Isabel Herrero Díaz.

Anxo Manoel.

Borja Fernández

A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna

 

Sinopse:

Kirilí Kirilá e Rei Lourido son dous actores que chegan tarde e un chisco desorientados á túa vila. Hoxe toca representar a obra de Manuel de Paderna, que é un home que posúe o enfeitizo poético e o dominio da palabra que fai parar as augas dos ríos, variar a situación dos mares, abrollar as fontes e ata curar as persoas. Ademais tamén é poeta, barbeiro e alguacil municipal. A súa historia é unha viaxe divertida e curiosa na busca do amor de Teodora, unha viaxe máxica, chea de humor e perigo xa que Don Capitón e a Abadesa farán o posible para evitar esa relación. Conseguirano Kirilí Kirilá e Rei Lourido?

Necesidades técnicas:

Ancho óptimo: 6 m. (adaptable).

Fondo óptimo: 4 m. (adaptable).

De actuar en espazos onde non dispuxesen de equipamento técnico, aportariamolo dende a compañía. Non en tanto, onde dispuxesen del precisamos:

  • 2 recortes de 700/1000 W.
  • 6 PC´s 1000 W.
  • Equipo de son.
 Elenco:

Anxo Manoel Lamelo Fernández.

Isabel Herrero Díaz.

PingüiSOS
Sinopse:

Tres pingüíns viaxan nunha balsa, camiño da terra desexada, ao corazón de Europa, na procura dunha felicidade da que tanto escoitaron falar na súa terra tropical.

Para chegar ao seu obxectivo terán que pasar unha chea de aventuras por mar e terra baixo un sol ou un frío que abrasa ou conxela. A súa primeira parada será o cú de Europa, a porta de entrada, Galicia. Súbeste na nosa balsa? Remade compañeiras e compañeiros xa que a terra desexada non está lonxe.

Necesidades técnicas:

Espectáculo adaptable a calquera espazo, tanto espazos pechados como abertos. No caso de realizarse na rúa é posible facer unha acción de rúa previa ao espectáculo polas rúas e prazas da

cidade.

As medidas aconsellables para a correcta realización do espectáculo son as seguintes:

– Ancho óptimo: 6 m. (adaptable)

– Fondo óptimo: 4 m. (adaptable)

Elenco:

Isabel Herrero Díaz.

Anxo Manoel Lamelo Fernández.

Rubén Pérez Pombo.

A Órbita do Lucecú
Sinopse:

Tres compañeiros de piso orbitan compartindo espazo e soidade. A enerxía que conteñen no seu interior marcará os seus destinos.

As cousas máis simples, ás veces son as máis difíciles de conseguir, os nosos esforzos pérdense na noite como o refulxir dun lucecú que titila até esmorecer, cando non acada a resposta buscada.

A órbita do lucecú explora as relacións humanas nunha viaxe curiosa e divertida a través de Marte, Nikola Tesla e os lucecús.

Necesidades técnicas:

Ancho óptimo: 6 m. (adaptable)

Fondo óptimo: 4 m. (adaptable)

Altura óptima: 6m

A iluminación e o son, levámolos dende escenario. O equipo neste espectáculo, pono a compañía.

Elenco:

Isabel Herrero Díaz

Anxo Manoel Lamelo Fernández

Rubén Pérez Pombo