Novas

Próximas funcións:

2020:

  • 3 de abril, ás 21:00 no Forum Metropolitano en A Coruña: «Minotarus Vulgaris«. 

2019:

  • 28 de decembro, ás 17:30 na Casa da Cultura de Bóveda: «Os libros contraatacan«. 
  • 27 de decembro, ás 18:00, na Casa da Cultura de Monforte de Lemos: «A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna«. 
  • 20 de decembro, ás 18:00, no Colexio de Abella-Casas, en Lugo: «Os libros contraatacan«. 
  • 14 de decembro ás 18:00, no Teatro Municipal de Viveiro: «Os libros contraatacan«. 
  • 26 de  outubro, ás 18:00, na Fundación Manuel María, en Outeiro de Rei: «Os libros contraatacan«. 
  • 25 de setembro, ás 18:00, na Biblioteca Municipal de Paioseco – A Laracha: «Os libros contraatacan«.  
  • 16 de maio, ás 14:30, no Colexio Público de Mosteiro-Pol: «Os libros contraatacan«. 

«Minotaurus vulgaris», o sábado 27de Abril do 2019, ás 20:00h no fermosísimo Vello Cárcere de Lugo.

Dentro da programación do Arde Lucus Cultural, temos o pracer de sacar adiante unha nova peza, outra estrea, a ilusión e os nervios son os mesmos!

Unha obra dunha cárcere, feita nunha cárcere

Cousas que pasan!

Estamos xa cos últimos ensaios, animádevos a acompañarnos.

Novas funcións de LOGOS!

Aquí vos deixamos unha foto do grande Iván Mouronte.

Neste mes de Xuño imos celebrar o fin de curso con moitos dos alumnos da provincia de Lugo. Que mellor celebración que a do feito teatral. Alá imos, preparados para viaxar coa nosa LOGOS a varios institutos lucenses:
  • Castro Ribeiras de Lea.
  • Guitiriz.
  • Alfoz-Valadouro.
  • Lugo.
E moi prontiño  tamén en Arzúa!!! Estade atentos!
A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna.

Este sábado 22 de Abril os Lucecús estaremos rodando «A órbita do lucecú» por Pontevedra. Nesta ocasión dentro do programa «Noites Abertas». Podedes consultar a programación completa aquí:

http://ocioengalicia.com/…/programa-noites-abertas-2017-de…/

Vémonos no Teatro Principal, ás 21,30 horas. Esperamos que desfrutedes!

Chegou a hora!

Mañá mostraremos o resultado do traballo destes últimos meses no Auditorio Municipal de Lugo, o Gustavo Freire. Os Lucecús estamos moi ilusionados por que a equipa de xente coa que contamos desta volta, é un auténtico luxo. Foi un pracer traballar con eles e mañá, será un día inesquecible.

Para moitas das do grupo, será a primeira vez, a estrea enriba dun escenario, iso é sempre, todo un evento. So podemos sentir, orgullo e unha grande satisfacción -mesturada con algún nervio solto- polo gran traballo que fixo esta nova equipa de teatreiros.

E desexarlles moito máis teatro nas súas vidas.