Na actualidade, Lucecús teatro, está integrada por Isa Herrero e Anxo Manoel. Aquí vos deixamos un pequeno resumo do seu percorrido.

Isa Herrero.
Iníciase xa na adolescencia no mundo do teatro co grupo «Os Zoelas», da man de Xosé Manuel Carballo e continúa o seu percorrido cos compañeiros de Achádego Teatro, baixo a dirección de Tareixa Campo e Antón Sampaio.
Grazas á formación do Circuíto Buxiganga, no 2013 xúntanse ela e nove compañeiros máis, para fundar Microefectos Dramatúrxicos, un proxecto vivo que busca potenciar a escrita e posta en escea de textos dramáticos. Vai xa para tres anos, e a frenética actividade actoral, de dirección e de escrita que fai o grupo para levar ante o público mes a mes catro pezas novas e orixinais de teatro breve, continúa.
No 2015 Isa Herrero, Anxo Manoel e Rubén Pérez decídense a afrontar un novo proxecto teatral que lles permita desfrutar do proceso creativo que supón a montaxe dunha peza longa, dende todas as súas aristas, nace Lucecús Teatro.
Facendo camiño…

Anxo Manoel.
Iníciase no mundo da actuación da man de Achádego Teatro e o xermolo que alí nace non deixa de medrar. Curtametraxes, películas, webseries, monólogos, presentacións de diversos eventos e moito máis teatro son os seus nutrintes.
En 2013 coincide con Isa Herrero e Rubén Pérez na fundación do proxecto teatral Microefectos dramatúrxicos do que sigue formando parte.
No 2015 e xunto a estes dous útltimos embárcase nesta nova aventura; Lucecús Teatro, un proxecto no que os tres integrantes do mesmo afrontan todas as fases do proceso, dende a escrita até a posta en escena.
Facendo camiño…